Ser axente de seguros MGS

Convértete en experto/a en xestión de riscos
e traballa axudando os demais

Todo sobre a profesión

O axente de seguros desempeña o rol de asesor/a persoal experto/a na xestión de riscos dos seus clientes. Traballando como tal, desenvolverás as seguintes funcións:

Identificación dos riscos aos que está exposto o cliente

Estudarás e identificarás os posibles riscos e as consecuencias e o impacto financeiro que estes poderían ter sobre os activos do cliente, xa sexa unha persoa, unha familia ou unha empresa.

Asesoramento para a transferencia de riscos

Crearás plans de seguros que se axusten ás necesidades específicas do cliente, considerando o seu perfil de risco e os seus obxectivos financeiros, a través de produtos de seguros con plans de protección personalizados.

Actualización e revisión permanente

Manterás unha relación continua co cliente, revisando e axustando os plans de protección segundo cambien as súas circunstancias e o contexto de risco.

Concienciación

Informarás os clientes sobre os riscos potenciais e as mellores prácticas para xestionalos, co que aumentas a súa concienciación, comprensión e toma de decisións.

Impacto social

Contribuirás positivamente á túa comunidade cun papel crucial na protección e estabilidade financeira das persoas e empresas do teu contorno.

Vocación de servizo

No momento do sinistro, a túa achega é clave para unha experiencia de servizo satisfactoria do cliente.
Video Placeholder
Únete
Únete
Únete Únete Únete Únete

Beneficios para o cliente

Grazas ao traballo do axente de seguros, o cliente dispón de beneficios clave que lle proporcionan valor, proximidade e seguridade en todo momento.

Protección integral

Obtén unha protección máis completa e adaptada ás súas necesidades específicas.

Aforro de custos

Ao xestionar os riscos de maneira eficaz, poden reducirse os custos asociados a perdas.

Tranquilidade

Pode operar con máis confianza e tranquilidade, sabendo que conta co apoio dun/dunha profesional experto/a na xestión de riscos.

Que ofrecemos?

Maximiza os teus ingresos cun sistema retributivo atractivo

Desde o primeiro día disporás dunha retribución atractiva cun alto potencial de crecemento. Beneficiaraste dun modelo de retribución con ingresos estables durante os primeiros anos, ata que consolides unha carteira de clientes. Desta maneira, poderás desenvolver a túa carreira profesional a longo prazo sen límite de ingresos e sen necesidade de realizar un investimento inicial.

Video Placeholder
Retribución mensual estable
Ingresos mensuais de ata 2.350 € brutos o primeiro ano
Incentivos económicos adicionais

Formación e mentoría por parte dun equipo experto

Prepárate para o éxito co noso programa de formación inicial. Recibirás unha formación completa, para destacares como experto/a en xestión de riscos, que abarca desde os fundamentos do seguro ata as últimas tendencias do mercado. O noso programa, impartido polo noso equipo especializado, proporcionarache coñecementos e habilidades excepcionais.

Unha vez superada a formación inicial, recibirás o

Título oficial como axente de seguros exclusivo (nivel 3)

Apostamos pola mentoría para impulsar o teu desenvolvemento profesional. Desde a sucursal de MGS da túa zona, que funciona como escola de excelencia onde a aprendizaxe é constante, recibirás o apoio de expertos/as e mentores experimentados que compartirán a súa experiencia contigo, grazas ao cal acelerarás o teu desenvolvemento.

Video Placeholder

O TEU CRECEMENTO PROFESIONAL, O COMPROMISO DE MGS SEGUROS

En MGS Seguros contarás con apoio e acompañamento personalizado desde o primeiro día. Estamos comprometidos co teu crecemento profesional e apoiarémoste en cada etapa da túa traxectoria para que alcances novas cimas.

Plans de formación inicial e continua

Mentoría na fase de aprendizaxe

Desenvolvemento profesional a longo prazo

Ferramentas de xestión comercial e mercadotecnia

Flexibilidade e conciliación persoal

Experimenta a liberdade de dirixir o teu propio camiño profesional. En MGS valoramos a túa capacidade para tomar decisións e adaptarte ás necesidades do cliente, brindándoche o espazo para despregares todo o teu potencial.

En MGS, entendemos a importancia de encontrar un equilibrio entre a túa vida laboral e persoal. Dispón da flexibilidade necesaria para teres tempo para ti e dedicar momentos de calidade aos teus seres queridos mentres te desenvolves nunha carreira profesional gratificante.

A actividade laboral lévase a cabo no ámbito local onde tes arraigamento, de tal maneira que non precisas realizar viaxes ou grandes desprazamentos diarios que deterioran a túa calidade de vida.

Ademais, coas nosas ferramentas dixitais poderás teletraballar e atender os teus clientes desde calquera punto.

Video Placeholder

Que buscamos?

Somos unha entidade recoñecida no sector pola súa bagaxe no desenvolvemento de axentes de seguros profesionais. A nosa experiencia pon de manifesto que os factores clave que poden serche de axuda para exerceres como experto/a en xestión de riscos de forma efectiva son:

Interese polas relacións interpersoais e unha forte vocación de servizo

Ambos os aspectos permiten construír relacións sólidas, mellorar a colaboración e aumentar a satisfacción dos clientes.

Experiencia profesional previa no trato co cliente

Unha bagaxe profesional mínima de base, sexa cal for o ámbito, axudarache a detectar riscos con máis facilidade.

Disposición para liderar proxectos profesionais propios e ser o teu propio xefe/a

Con isto demostras iniciativa, autoxestión e responsabilidade para alcanzar obxectivos persoais e profesionais.
Video Placeholder
Únete
Únete
Únete Únete Únete Únete

Preguntas frecuentes

O axente de seguros é un asesor persoal experto/a na identificación dos riscos aos que os seus clientes están expostos e en orientalos de forma personalizada, axudándolles a protexer o que máis lles importa, tanto no ámbito persoal como no profesional. Por tanto, como axente de seguros MGS, informarás os teus clientes en materia de previsión aseguradora e ofreceraslles os produtos do noso catálogo que se adecúen ás súas necesidades. Encargaraste de facer crecer a túa carteira de clientes e estarás en contacto cos asegurados/as para mantelos informados, atender as súas necesidades no ámbito da posvenda (especialmente en caso de sinistro) e da súa fidelización.
No momento da incorporación disporás dunha completa formación inicial coa que coñecerás a fondo todos os aspectos necesarios para iniciar a túa andaina coas máximas garantías: catálogo de produtos de MGS, os seus argumentos de venda, como vencer as obxeccións, ferramentas de xestión comercial e de mercadotecnia... Unha vez finalizada, recibirás un certificado de formación como axente de seguros exclusivo/a e poderás iniciar o teu camiño, pero seguirás contando con formación específica para o teu desenvolvemento profesional e sobre as diferentes novidades que debes coñecer. Dependendo do tipo de formación, esta desenvolverase en formato presencial ou en liña a través do Campus MGS.
En MGS valoramos a mellor opción para cada un dos/as nosos/as novos/as axentes. Como prioridade, terás a opción de traballar na sucursal de servizo máis próxima ao teu domicilio. Isto permitirache manter un contacto constante cun equipo de expertos que che brindará mentoría, grazas ao cal asegurarás unha aprendizaxe efectiva e un rápido desenvolvemento. Ademais, contarás con recursos e un espazo axeitado para desempeñar as túas tarefas e atender os clientes de maneira eficiente. En calquera caso, desenvolverás a túa actividade laboral no teu ambiente de confianza. Desta maneira, non precisarás realizar viaxes ou grandes desprazamentos diarios que deterioren a túa calidade de vida. Ademais, coas nosas ferramentas dixitais poderás atender os teus clientes desde calquera punto.
Como axente de MGS disporás de multitude de ferramentas coas que desenvolver as túas funcións coa maior eficiencia. Por un lado, poremos á túa disposición ferramentas informáticas desde onde terás acceso a todas as aplicacións internas e ao CRM de xestión comercial. Por outro lado, contarás cun amplo e competitivo catálogo de produtos e co apoio de accións de promoción coa túa imaxe e campañas de mercadotecnia que che axudarán a conseguir novos clientes e, posteriormente, a fidelizalos.

Buscamos xente coma ti!

Temos un lugar para ti ao noso carón, pero tes que dar o primeiro paso. Completa este formulario e poñerémonos en contacto contigo para coñecernos.


    ¡Envía tu CV!Botón enviar CV