Requisitos para ser axente de seguros

Se buscas un salto profesional na túa vida e estás pensando na posibilidade de te unires ao sector asegurador, talvez te preguntes “cales son os requisitos para ser axente de seguros?”. A seguir, explicámosche todo o que necesitas coñecer.

O primeiro que debes saber é que non é preciso contar con experiencia previa no sector para empezar a traballar como axente de seguros, xa que, ao iniciares a túa andaina, recibirás a formación necesaria para poderes desenvolver todas as túas funcións coas máximas garantías. A formación non se limitará só ao momento inicial, senón que estará presente ao longo das diferentes etapas do teu exercicio como axente para que poidas desenvolverte e crecer profesionalmente.

En MGS Seguros somos referentes no desenvolvemento de axentes de seguros profesionais e a nosa experiencia demostrounos que, para selo de forma efectiva, ademais da formación integral que poremos á túa disposición desde o primeiro momento, só son necesarios tres requisitos previos:

 

Descubre os requisitos para ser axente de seguros

Interese polas relacións interpersoais e unha forte vocación de servizo

Ambos os aspectos permiten construír relacións sólidas, mellorar a colaboración e aumentar a satisfacción dos clientes.

Experiencia profesional previa no trato co cliente

Unha bagaxe profesional mínima de base, sexa cal for o ámbito, axudarache a detectar riscos con máis facilidade.

Disposición para liderar proxectos profesionais propios e ser o teu propio xefe/a

Con isto demostras iniciativa, autoxestión e responsabilidade para alcanzar obxectivos persoais e profesionais.

 

Como é a formación para ser axente de seguros MGS?

En MGS apostamos pola formación integral para impulsar o desenvolvemento profesional dos nosos axentes. Por iso, no momento da incorporación disporás dunha completa formación inicial coa que coñecerás o catálogo de produtos de MGS, os seus argumentos de venda, como vencer as obxeccións, ferramentas de xestión comercial e de mercadotecnia… Dependendo do tipo de formación, esta desenvolverase en formato presencial ou en liña a través do Campus MGS.

Unha vez finalizada, recibirás un certificado de formación como axente de seguros exclusivo/a e poderás iniciar o teu camiño. Desde MGS encargarémonos de xestionar a certificación obrigatoria ante a Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións para a realización de tarefas de distribución de seguros segundo o Real decreto 3/2020, do 4 febreiro.

Posteriormente, seguirás contando con formación específica para o teu desenvolvemento profesional e sobre as diferentes novidades que debes coñecer. Ademais, as sucursais MGS funcionan como escolas de excelencia onde a aprendizaxe é constante. A través da sucursal da túa zona recibirás o apoio de expertos/as e mentores experimentados que compartirán a súa experiencia contigo, grazas ao cal acelerarás o teu desenvolvemento.

Como ves, non é necesaria experiencia previa no sector para te converteres en axente de seguros e, ademais, se o fas da man dunha compañía histórica como MGS e referente no desenvolvemento de axentes profesionais, accederás a unha formación integral que che permitirá converterte nun profesional de referencia en seguros no teu ámbito.

Se che interesa coñecer máis sobre a profesión de axente de seguros e como te podes desenvolver como experto/a en xestión de riscos… En MGS buscamos xente coma ti!