Un axente de seguros é un asesor persoal experto/a na identificación dos riscos aos que os seus clientes están expostos e en orientalos de forma personalizada, axudándolles a protexer o que máis lles importa, tanto no ámbito persoal como no profesional.
Ser axente de seguros consiste, polo tanto, en actuar como nexo de unión entre a compañía aseguradora e o cliente, para quen o axente se converte nunha figura próxima que analiza as súas necesidades e que lle ofrece os produtos que máis lle conveñen para garantir a súa seguridade.
Como especialista en xestión de riscos, o traballo dun axente de seguros comprende múltiples funcións. Explicámoschas a continuación.
Funcións dun axente de seguros
Identificación dos riscos aos que está exposto o cliente
O axente de seguros estuda e identifica os riscos e consecuencias, así como o impacto financeiro que estes poden ter sobre os activos do cliente, xa sexa unha persoa, unha familia ou unha empresa.
Asesoramento para a transferencia de riscos
Crea plans de seguros que se axusten ás necesidades específicas do cliente, considerando o seu perfil de risco e os seus obxectivos financeiros, a través de produtos de seguros con plans de protección personalizados.
Actualización e revisión permanente
Mantén unha relación continua co cliente, revisando e axustando os plans de protección segundo cambien as súas circunstancias e o contexto de risco.
Concienciación
Informa os clientes sobre os riscos potenciais e as mellores prácticas para xestionalos, co que aumenta a súa concienciación, comprensión e toma de decisións.
Impacto social
Contribúe positivamente á súa comunidade, pois desenvolve un papel crucial na protección e estabilidade financeira das persoas e empresas do seu contorno.
Vocación de servizo
No momento do sinistro, a súa achega é clave para unha experiencia de servizo satisfactoria do cliente.
Beneficios para o cliente do traballo do axente de seguros
Grazas ás múltiples funcións desenvolvidas polo axente de seguros, o cliente dispón de beneficios clave que lle proporcionan valor, proximidade e seguridade en todo momento:
Protección integral
Obtén unha protección máis completa e adaptada ás súas necesidades.
Aforro de custos
Ao xestionar os riscos de forma eficaz, ve reducidos os custos asociados a perdas.
Tranquilidade
Pode operar con máis tranquilidade, ao saber que conta co apoio dun asesor persoal.
Vantaxes de ser axente de seguros MGS
En MGS Seguros o axente é unha peza clave na distribución dos nosos produtos e na intermediación cos clientes, por iso estamos profundamente comprometidos coa súa formación, desenvolvemento e crecemento. As vantaxes de ser axente de seguros MGS son múltiples:
Maximizarás os teus ingresos cun sistema retributivo atractivo
Disporás dunha retribución atractiva con ingresos estables e cun alto potencial de crecemento.
Contarás con apoio constante para o teu desenvolvemento profesional
Apoiarémoste en cada etapa da túa traxectoria para que alcances novas cimas.
Disporás de flexibilidade e conciliación persoal
Disporás da flexibilidade necesaria para teres tempo para ti e os teus seres queridos mentres te desenvolves nunha carreira profesional gratificante.
Como ves, o traballo de axente de seguros ten múltiples funcións, desde a identificación inicial de riscos e asesoramento experto para seleccionar o produto idóneo ata o seu apoio no momento do xurdimento de calquera sinistro. Ademais, o seu traballo comporta multitude de vantaxes tanto para os clientes como para o propio axente.
Por iso, se estás buscando unha profesión desde a que axudar ás persoas ofrecéndolles as mellores solucións, ser axente de seguros é unha grande opción con oportunidades para crecer e desenvolverte.
Se che interesa coñecer máis sobre a profesión de axente de seguros e como te podes desenvolver como experto/a en xestión de riscos… En MGS buscamos xente coma ti!