Preguntas frecuentes

Todo sobre ser axente de seguros en MGS

O axente de seguros é un asesor persoal experto/a na identificación dos riscos aos que os seus clientes están expostos e en orientalos de forma personalizada, axudándolles a protexer o que máis lles importa, tanto no ámbito persoal como no profesional. Polo tanto, como axente de seguros MGS, informarás os teus clientes en materia de previsión aseguradora e ofreceraslles os produtos do noso catálogo que se adecúen ás súas necesidades. Encargaraste de facer crecer a túa carteira de clientes e estarás en contacto cos asegurados/as para mantelos informados, atender as súas necesidades no ámbito da posvenda (especialmente en caso de sinistro) e da súa fidelización.
No momento da incorporación disporás dunha completa formación inicial coa que coñecerás a fondo todos os aspectos necesarios para iniciar a túa andaina coas máximas garantías: catálogo de produtos de MGS, os seus argumentos de venda, como vencer as obxeccións, ferramentas de xestión comercial e de mercadotecnia... Unha vez finalizada, recibirás un certificado de formación como axente de seguros exclusivo/a e poderás iniciar o teu camiño, pero seguirás contando con formación específica para o teu desenvolvemento profesional e sobre as diferentes novidades que debes coñecer. Dependendo do tipo de formación, esta desenvolverase en formato presencial ou en liña a través do Campus MGS.
En MGS valoramos a mellor opción para cada un dos/as nosos/as novos/as axentes. Como prioridade, terás a opción de traballar na sucursal de servizo máis próxima ao teu domicilio. Isto permitirache manter un contacto constante cun equipo de expertos que che brindará mentoría, grazas ao cal asegurarás unha aprendizaxe efectiva e un rápido desenvolvemento. Ademais, contarás con recursos e un espazo axeitado para desempeñar as túas tarefas e atender os clientes de maneira eficiente. En calquera caso, desenvolverás a túa actividade laboral no teu ambiente de confianza. Desta maneira, non precisarás realizar viaxes ou grandes desprazamentos diarios que deterioren a túa calidade de vida. Ademais, coas nosas ferramentas dixitais poderás atender os teus clientes desde calquera punto.
Como axente de MGS disporás de multitude de ferramentas coas que desenvolver as túas funcións coa maior eficiencia. Por un lado, poremos á túa disposición ferramentas informáticas desde onde terás acceso a todas as aplicacións internas e ao CRM de xestión comercial. Por outro lado, contarás cun amplo e competitivo catálogo de produtos e co apoio de accións de promoción coa túa imaxe e campañas de mercadotecnia que che axudarán a conseguir novos clientes e, posteriormente, a fidelizalos.
Desde o primeiro momento da incorporación terás apoio a diferentes niveis. Contarás coa mentoría constante do equipo experto da túa sucursal MGS, cos que traballarás en estreita colaboración. Disporás dun modelo de retribución atractivo con ingresos estables e un alto potencial de crecemento. E, ademais, terás á túa disposición o apoio dunha compañía de longa traxectoria e con grande experiencia no desenvolvemento de axentes de seguros profesionais.
Asegurámosche uns ingresos estables durante os catro primeiros anos, mentres te formas e empezas a desenvolver a túa carreira profesional a medio e longo prazo. Non necesitarás realizar ningún tipo de investimento inicial e á túa retribución iránselle engadindo incentivos adicionais en función das vendas ou dos resultados en campañas.
O noso modelo de distribución está baseado na venda relacional, en primeira persoa, coa proximidade cos clientes como aspecto clave, xa sexa presencialmente ou co soporte de ferramentas tecnolóxicas que nos permiten facer máis eficiente a comunicación. Polo tanto, nun inicio desenvolveraste profesionalmente coas persoas do teu ambiente de confianza, coa tranquilidade de saber que sempre vas estar tutelado/a e vas contar co apoio de profesionais con grande experiencia no desenvolvemento progresivo dunha sólida carteira de clientes.
Ser axente de seguros MGS require dedicación exclusiva, pois vas traballar por obxectivos tanto cuantitativos como cualitativos. En MGS somos expertos en axudar os nosos axentes a alcanzaren os seus obxectivos e a nosa experiencia demostrounos que co seu compromiso e dedicación, o sólido sistema de acompañamento e mentoría co que contamos e as ferramentas que pomos á súa disposición, dispomos da fórmula idónea para conseguilos.
En MGS estamos en constante busca de talento. Se estás interesado/a en te unires ao noso equipo como axente de seguros, fainos chegar o teu CV a través do formulario desta web e porémonos en contacto contigo oportunamente para informarte.

Buscamos xente coma ti!

Temos un lugar para ti ao noso carón, pero tes que dar o primeiro paso. Completa este formulario e poñerémonos en contacto contigo para coñecernos.


    ¡Envía tu CV!Botón enviar CV